Esta semana estamos inmersos nas actividades do día do libro . Aquí tedes un video on de os nosos pequenos grandes lectores recoméndanvos os seus libros favoritos. agardamos que vos gusten.
Biblioteca de Lectorio
Blogue da biblioteca do Ceip Virxe do Mar
miércoles, 24 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
sábado, 9 de marzo de 2024
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
Como cada 8 de marzo o noso cole se enche de actividades encamiñadas a traballar a igualdade, en dar visibilidade a moitas desigualdades que ainda existen hoxe en día e que sufren as mulleres diariamente. Exposicións, talleres, traballo do tema a partir de películas, lectura de contos a cargo de nais dos nosos nenos e nenas, ...Grazas a Verónica, Jessica e Leticia polo voso tempo.
miércoles, 28 de febrero de 2024
lunes, 19 de febrero de 2024
11 de Febreiro Día da Muller e a nena na ciencia
Porque queremos que as nenas fagan e estuden o que lles guste , porque ainda hai moito camiño por andar...
lunes, 15 de enero de 2024
UN CURSO DE CINE
O PDI deste ano ten como temática O cine. Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil tiveron a actividade de motivación. Á biblioteca de Lectorio chegou unha carta acompañada de diversos obxectos que pertencían a 2 personaxes moi máxicos que tiveron que adiviñar. Sabedes de quen se trataban ?
miércoles, 20 de diciembre de 2023
CONTOS DE NADAL
Durante estes días previos ao Nadal , as nenas e nenos de 4º de Primaria, fixeron de fantñasticos narradores de contos para os máis pequenos do cole. As obras que estamos a ter no cole, obrigaron a ter pechada a biblio uns días pero iso non nos impediu facer estas sesións polas aulas. Achegar a figura do Apalpador aos nosos nenos e nenas foi un dos obxectivos desta actividade.