jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

    A poesía é unha fogueira, 
            queimémonos nela.
                                               (Celso Emilio Ferreiro)

Estes días podemos ver nos corredores do noso cole unha escolma de poemas ilustrados polos nenos e nenas de todos os niveis para conmemorar o Día Mundial da Poesía.























jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER


     Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos en todo o mundo a loita da muller pola súa participación na sociedade en pé de igualdade co home e polo seu desenvolvemento como persoa.
     No ámbito escolar sigue sendo necesario tomar conciencia sobre esta celebración  porque todavía hai estereotipos sexistas que hai que erradicar potenciando relacións igualitarias entre os nenos e as nenas. 
     Aproveitando os recursos que nos ofrece a biblioteca e durante esta semana fixemos unha selección de contos tradicionais e de contos pola igualdade que nos axudan reflexionar sobre o tema. 
Os contos tradicionais transmiten valores positivos como o valor da amizade, do esforzo, do respecto aos maiores..., pero tamén transmiten valores que hoxe en día están fóra de lugar como a desigualdade por razón de sexo. Despois de facer unha reflexión sobre os contos analizados, o alumnado observou que en moitos deles as personaxes femininas son sumisas e dependientes do home ou  senón, bruxas malísimas e,  que as cualidades que se valoran nelas son a beleza e a obediencia; pola contra, os personaxes masculinos son valerosos, intelixentes, decididos e independientes. Despois desta análise fixemos novos contos cambiando os finais, cambiando os roles dos personaxes, cambiando os valores discriminatorios dos mesmos, mesturando personaxes de diferentes contos, etc.
     Foi unha actividade moi enriquecedora que nos axuda a ter unha actitude crítica e reflexiva.