jueves, 21 de marzo de 2013

21 de MARZO, DÍA da POESÍA


     Hoxe é un día moi especial, o Día da Poesía. Para celebralo o corredor do cole encheuse de poesía. Poemas seleccionados dos libros da Biblioteca e ilustrados polos nosos "artistas", os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria. A temática destes poemas está integrada no Proxecto Integrado de Investigación que se ven desenvolvendo este curso no centro: "Os catro elementos".




 
 

 


 



miércoles, 20 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

        O 21 de marzo, co equinocio da primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO para promover a poesía como unha forma esencial de cultura e para homenaxear ás persoas que utilizan a palabra como ferramenta para intentar mellorar o mundo.

        Lectorio, a nosa mascota da biblioteca, proponnos para celebrar este día, que cada grupo seleccione e ilustre poemas relacionados co proxecto de investigación que estamos levando a cabo durante este curso (auga, terra, aire e lume). Cos poemas recollidos, acompañados polas ilustracións, editaremos unha escolma de poesías sobre os catro elementos.


jueves, 7 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller conmemorando a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en pé de igualdade cos homes.
      Durante esta semana temos na Biblioteca unha exposición de libros nos que se invita aos nenos e nenas a achegarse a historias onde as mulleres teñen un papel activo pois son nenas e mulleres reivindicativas, valentes e libres e que nos fan reflexionar sobre o distinto tratamento que ás veces que reciben os rapaces e as rapazas.
     A proposta de Lectorio é a de  traballar o conto Rosa Caramelo de Adela Turín para analizar os estereotipos sexistas e debatir sobre as diferencias nos xogos, na maneira de vestir, nos espazos que ocupan unhas e outros... Traballamos o conto  en diferentes formatos: lectura colectiva e individual do libro, presentación do conto en kamishibai realizado e interpretado por alumnos e alumnas de 5º de Primaria ao resto do alumnado, etc.