miércoles, 22 de octubre de 2014

VISITA DE AUTOR: ANTÓN CORTIZAS


Hoxe tivemos a grande sorte de que nos visitara na nosa biblioteca un grande escritor, Antón Cortizas. Quixemos que fose él o que dese por inaugurada a biblioteca este curso e conmemorara con nós o día das bibliotecas escolares. E quixemos que fose él porque ademáis de ser escritor, é mestre, ademáis de ser un escritor galego é da nosa zona, Ferrolterra, ademáis de fomentar a lectura gústalle motivar para ela. Non tedes máis que ver as fotos para comprobar o ben que o pasaron os nenos e nenas de Infantil e Primeiro ciclo. Dous dos contos máis lidos polas mestras de Infantil nas aulas foron os protagonistas hoxe: Contín Contón e Sopra neste furadiño.
Grazas Antón!!!

jueves, 16 de octubre de 2014

BOLSAS QUE VAN E VEÑEN

Xa comezaron a circular en Educación Infantil as bolsas que veñen e van. Os nosos primeiros viaxeiros ían encantados coas súas bolsiñas nas que Lectorio depositou as súas recomendacións.