lunes, 19 de diciembre de 2016

MÁIS LECTURAS DE NADAL

Lectorio segue a facer lecturas de contos relacionadas co nadal e hoxe tocou visita ás aulas de infantil co conto "Os bolechas festexan o nadal". A primeira aula foi a dos mís cativos do cole.
A visita continuou na aula das nenas e nenos de 4 anos
Finalmente rematou no seu espacio favorito, que é a biblioteca,e alí as colaboradoras fixeron a vindeira lectura para as nenas e nenos de 5 anos.
Gracias de novo as nenas e nenos que con tanto entusiamo e ilusión colaboran na biblioteca e fan que todas estas actividades se leven a cabo.

jueves, 15 de diciembre de 2016

LECTURAS DE NADAL

Un ano máis nestas datas Lectorio convida ao alumnado do centro a visitar a biblioteca e disfrutar dun conto. Hoxe Yaiza, Noa, Anxo e Alba de 6º de educación primaria colaboraron con Lectorio nesta actividade facendo a lectura do conto "Unha chea de familias". O alumnado de 1º e 2º puido disfrutar dunha historia preciosa, chea de valores relacionados coa tolerancia, a empatía e especialmente da familia, eixo da historia.
Nos vindeiros días pasarán tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º a escoitar esta historia na que Mariña, a personaxe principal vai visitando porta por porta aos seus veciños do edificio e vai analizando os tipos de familias diferentes que hai.Posteriormente na aula farán a análise da historia e da importancia da familia independentemente do tipo que sexa.