viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Xa temos algunha imaxe do que andaba a argallar Lectorio na biblioteca xunto con dúas nenas e un neno de 4º de educación primaria. O alumnado de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria disfrutaron da interpretación dun conto sobre a Paz con monicreques: "A bruxa Discordia" . Este conto inclúe un CD con cancións sobre a paz, entre elas a que cantou e bailou hoxe o alumnado do centro no patio para celebrar esta data. A partir do luns xa o tedes dispoñible na biblioteca para empréstimo.

jueves, 28 de enero de 2016

sábado, 23 de enero de 2016

LECTURAS PARA A PAZ

Durante esta semana na biblioteca do cole haberá unha exposición de libros de varios xéneros que teñen como eixo principal valores como a amizade, a solidariedade, a non violencia.... Desgraciadamente a día de hoxe hai guerra no mundo. A cotío está presente na nosa sociedade a violencia e por iso, esperamos que estas lecturas sexan do agrado do alumnado e adultos, e a súa vez poidan axudar a facer xurdir reflexións internas positivas que axuden a facélos mellor persoas.