domingo, 30 de octubre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como é tradición no noso centro, esta semana celebramos o Samaín. O alumnado trouxo decoradas cabazas,ou ben as decoraron na aula,un dos elementos máis típicos nesta época.
Na Biblioteca de Lectorio poderedes consultar información sobre esta tradición e ler contos de medo adaptados a diversas idades.
Os contos de medo son unhas das temáticas típicas tamén do Samaín e favoritas das nenas e nenos do cole, e por iso Lectorio organizou un conta-contos de medo con dúas alumnas e un alumno de 5º de educación primaria. "A bruxa regañadentes" é novidade na biblioteca de Lectorio e foi o título seleccionado para o alumnado de educación infantil e as aulas de 1º e 2º de educación primaria.
Lectorio quere agradecer a implicación e ilusión do alumnado en cada actividade que propón. Polo que nos dixeron os asistentes, que non foron moi teimosos, pasárono moi ben pero esperamos críticas no buzón de "A vosa opinión conta". Ata pronto!!!

domingo, 16 de octubre de 2016

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA CON ROALD DAHL

Durante este mes de outubro visionaremos varias películas, no salón de actos do famoso escritor de literatura xuvenil Roald Dahl. Cada semana o alumnado poderá disfrutar dunha adaptación ao cine dunha obra do famoso escritor.
Comenzamos con "Matilda"e continuaremos coa adaptación de "Superzorro". Esta semana visionaremos "Charlie y la fábrica de chocolate" e a vindeira semana "Jack y el melocotón gigante".
Dende a biblioteca de Lectorio facilitaránse obras do autor para a lectura nas aulas e actividades posteriores á lectura así como información sobre a biografía do escritor. Tamén, coma en anos anteriores, solicitamos exemplares do autor na Biblioteca Municipal do Concello de Narón.