jueves, 21 de diciembre de 2017

Recomendacións de Nadal

Queridas familias! Dende a biblio de Lectorio queremos desexarvos unhas moi Felices Festas nas que se cumpran tódolos vosos desexos e soños. Recordámosovos a importancia de que os vosos fillos e fillas lean un ratiño tódolos días porque a lectura é á mente o que o exercicio ao corpo. Lendo 15 minutos ao día, ao cabo do ano lerán mais de un millón de palabras. Os libros non dan intelixencia pero ensínanche a usar mellor a que tes. Nesta época de regalos, un libro é un regalo que podes abrir unha e outra vez… Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de actualidade.

lunes, 13 de noviembre de 2017

IV CERTAME DE CONTOS DE MEDO

Como parte da celebración do Samaín, Lectorio convocou o IV CERTAME DE CONTOS DE MEDO para todos aqueles nenos e nenas que estivesen interesados en facernos pasar un pouco de medo cun conto escrito por eles mesmos. A verdade é que todos os que participaron resultaron ser mais ca terroríficos!!! Ademais de escribilo, tiveron a sorte de ir lelo polas aulas para que o resto de compañeiros e compañeiras puidesen asustarse un chisco ou moito cos diferentes relatos. Para premiar o esforzo de tódolos esmerados escritores e escritoras, Lectorio fixo entrega na nosa bibioteca a todos eles e elas dun diploma que acreditaba a participación no certame. Noraboa a todos e todas! Deixámosvos as fotos da entrega de diplomas!

viernes, 10 de noviembre de 2017

Día da Biblioteca

O mes de outubro estivo adicado á biblioteca. O día 14 celebramos o Día das Bibliotecas no que puxemos en marcha as mochilas viaxeiras. Os voluntarios/as de 5º foron repartindo as mesmas polas aulas e explicando o seu contido e funcionamento, coa entrega dos contratos e das mochilas. Comezamos tamén a traballar o P.D.I. deste ano, titulado "VIRXE DO MAR, 50 ANOS APRENDENDO A PENSAR" que xirará en torno ao 50 aniversario do noso cole. Este mes e baixo o lema "O LIBRO DA SELVA, 50 ANOS" cada clase traballou o 50 aniversario desta obra de Rudyar Kipling con un exemplar do mesmo e elaboramos dous murais sobre esta obra. Ademais o venres 27 proxectamos a película orixinal de dita obra. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos sobre as diferentes actividades.

martes, 17 de octubre de 2017

Contacontos de Paula Merlán

Ola amigos e amigas! Como ben vos dixemos, o martes 10 visitounos Paula Merlán. Os mais pequenos tiveron a sorte de poder disfrutar dun contacontos sobre a súa obra "Una sorpresa para tortuga". Deixámosovos unhas instantáneas para que as vexades. Os nosos peques non se perderon nin un só detalle...

jueves, 5 de octubre de 2017

Visita de Paula Merlán

Con motivo da inauguración da nosa biblioteca de Lectorio neste curso 2017-18, o vindeiro martes 10 de outubro visitaranos a escritora, mestra e licenciada en Dereito Paula Merlán. Autora de numerosos contos infantís, na nosa biblioteca podedes disfrutar como novidades dalgúns deles como "Las bolsitas de la señora T", "Esto no es una fábrica de sonrisas" ou "Una sorpresa para Tortuga". Sobre este último libro a autora representará un contacontos para o alumnnado de Educación Infantil. Agardamos que vos guste. Si estades interesados/as, gústavos e animádesvos a mercalo, podedes traelo ao cole ese día, xa que a propia Paula Merlán asinará tódolos exemplares que veñan. Podedes coñecer mais cousas da súa obra a través do seu blogue http://cuentoseneldesvan.blogspot.com.es

APERTURA DA BIBLIOTECA CURSO 2017/18

Ola amigas e amigos! Xa temos aberta este curso a biblioteca de Lectorio. Podedes facer uso dela tódolos días en horario lectivo e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 h. Agardámosvos!!!!

sábado, 17 de junio de 2017

LEANDRO LAMAS NA NOSA BIBLIOTECA!!!

.Onte recibimos unha visita moi esperada: ao polifacético Leandro Lamas. Leandro é un pintor moi coñecido, nado en Narón e que estiveron estudando ao longo do curso o alumnado de educación infantil dentro do proxecto de arte.
As nenas e nenos de 5 anos elaboraron unha réplica dunha das súas obras e levaban preparadas unha serie de preguntas moi interesantes que o autor respostou mentres que inesperadamente comenzaba a adicarnos unha obra co material que tiñamos a man, que era un lápiz e unhas ceras de cores.
Agradecemos moito esta visita desinteresada e que tanto aportou ao alumnado e por iso as nenas e nenos fixeron un agasallo onde retrataron ao autor e lle deron unha pequena cestiña con productos da nosa terra. Ao rematar a visita aceptou encantado facerse una foto cos grupos.
Agora Lectorio deberá pensar onde vai a colocar a pintura de Leandro, que como vedes é una moza tocando una guitarra. O mesmo autor mencionuo que decidiu pintar isto porque lle gustaba moito a música. Moitas grazas pola túa xenerosidade Le
andro!!

miércoles, 17 de mayo de 2017

Mannequin challenge Carlos Casares

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano a Real Academia galega decidiu homenaxear neste ano 2017 ao autor Carlos Casares. Puidemos desfrutar de moitas das súas obras no cole pois é un autor que adicou moitos dos seus libros para as e os máis pequenos e en diferentes xéneros. Invitámosvos a visitar esta exposición dalgunhas obras do autor e sobre todo a que as levedes ás vosas casas e disfrutedes coas súas historias.
Tamén poderedes facer unha viaxe no tempo e coñecer a biografía do autor a través destos carteis elaborados por alumnado dun centro da Coruña:

martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017









Compartimos o video do traballo feito polos nenos e nenas do CPI dos Dices de Rois. Noraboa rapaces!!!

domingo, 7 de mayo de 2017

TROCOLIBRO

Por séptimo ano consecutivo levamos a cabo o Trocolibro na biblioteca de Lectorio como actividade para celebrar o Día do Libro. O alumnado puido trocar ata tres exemplares en boas condicións que trouxeron da súa casa.
Desexamos que fixerades boas adquisicións e sobre todo que disfrutedes coa lectura destes novos exemplares.

miércoles, 3 de mayo de 2017

OS CONTOS DE MARUJA MALLO


No mes de abril conmemoráronse o Día das as artes galegas , adicado a Maruja Mallo  e o Día do Libro. No noso cole quixemos unir estas dúas celebracións e crear o libro: "Os contos de Maruja Mallo". A actividade consistiu en que cada clase elaborara un relato curto basándose nun cadro de Maruja Mallo. Aquí tedes o resultado. Como podedes ver temos un alumnado moi creativo. 




OS CONTOS DE MARUJA MALLO

miércoles, 26 de abril de 2017

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

Hoxe recibimos a visita de Iago López, autor do conto "O cociñeiro Martiño" e aínda que xa coñecíamos a súa obra disfrutamos moito da súa dramatización da historia da que foron protagonistas tamén nenas e nenos do público.

Gracias pola visita Iago. Contamos contigo o vindeiro curso!!

domingo, 23 de abril de 2017

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O venres comenzamos a celebrar o Día do Libro e que mellor actividade que nenas e nenos lendo a outras nenas e nenos. O alumnado de 6º de educación primaria fixo o apadriñamento para todas as nenas e nenos de infantil e 1º de educación primaria.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Lectorio quere desexarvos un Feliz Día do libro neste 23 de abril e recordarvos que un libro sempre é a mellor compaña e o mellor agasallo. Nas vindeiras horas iremos amosando cómo o estamos a celebrar no cole.

jueves, 23 de marzo de 2017

LENDO AS POESÍAS

Durante esta semana as nenas e nenos de cada curso baixaron á biblioteca a ler as poesías que había dentro da caixa correspondente a súa aula. Tiñades que vérlles as caras de emoción por coñecer se habería poesía ou non.
.


lunes, 20 de marzo de 2017

Día da poesía

Hoxe celébrase o día da poesía e Lectorio estivo a meditar sobre o que facer no cole. A súa proposta titúlase "Hai versos para min?"
Durante esta semana todo o alumnado do centro fixo lectura de poesía de diversos autoras e autores para tomar de referente. Cada nena e neno tería que adicar uns versos a algún compañeiro ou compañeira da aula de maneira anónima e tamén podería adicar uns versos a compas doutras aulas ou mestras do centro. A continuación baixaría á biblioteca a botar estes versos na caixa correspondente.
Hoxe, Día da poesía, abriremos cada caixa para coñecer os versos que se adicaron. A ver se temos sorte e aparece algún para Lectorio!!

Desexamos que disfrutasedes da actividade e tal vez vos inspirase para continuar adicando versos.

martes, 7 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Na biblioteca de Lectorio poderedes atopar moitos contos con historias para reflexionar coas vosas fillas e fillos e inculcar a igualdade entre mulleres e homes. Atoparedes tamén libros informativos sobre mulleres que cambiaron a nosa historia.



jueves, 2 de marzo de 2017

HOMENAXE A ROSALÍA POLO 180 ANIVERSARIO

Os nenos e nenas da aula de 5 anos quixeron rendir a súa particular homenaxe a Rosalía polo 180 aniversario agasallándoa cun retrato.
Aquí tedes o libriño que eles e elas fixeron


180 aniversario Rosalia

jueves, 23 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos o 180 aniversario do nacemento da poetisa galega máis recoñecida. Aproveitando esta data, nas aulas fixeron un repaso da biografía e obra da autora utilizando material do que dispoñemos na nosa biblioteca.
Este ano esta data coincide con época de entroido e ata o noso Meco fai homenaxe á nosa Rosalía.
Que pasedes un feliz día de Rosalía e moi bo Entroido!

martes, 14 de febrero de 2017

De novo hoxe a participación das familias foi un éxito. Agradecemos a vosa colaboración na iniciativa. A continuación amosamos un penisco das participantes.
Gracias familias!!