martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

O luns celebramos o Día da Paz na biblioteca de Lectorio e continuamos coa lectura do conto3,2,1... no Kamishibai. Todo o alumnado acudiu á invitación de Lectorio e puido escoitar este precioso conto poético que ten como temática principal a importancia do respeto aos demais e a tolerancia.
Despois disto acudimos ao salón de actos. Primeiro visionamos una montaxe con fotos de actividades artísticas que fixemos no cole durante este mes. A continuación escoitamos a famosa canción "Imagine" de John Lennon que tiñan preparada as nenas e nenos de 5º , a cal acompañaron con instrumentos dous alumnos da aula; Luz coa guitarra e Hugo ao piano. Finalmente ao son da frauta disfrutamos do "Himno da alegría" por parte do alumnado de 6º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario