lunes, 13 de febrero de 2017

RosalíaTE

O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Este ano decidimos participar cunha proposta fomentada pola AEG ( Asociación de escritoras e escritores en Lingua galega ), RosalíaTE. Trátase de dar difusión á obra da nosa Rosalía. Para iso solicitamos a colaboración das familias do alumnado para que se acheguen á Biblioteca de Lectorio e posen nun photocall cunha poesía da autora, previamente traballada nas aulas. Comenzamos hoxe coas nenas e nenos de 3 e 4 anos e as súas familias. Foi todo un éxito!. Grazas por participar! Continuaremos durante toda a semana co resto do alumnado. Animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario